jueves, 26 de diciembre de 2013

Presentación do Filme "Carga de Dignidade" na Coruña

Mañá Venres, 27 de Decembro, ás 20:00 h. Portas Ártabras, Rúa Sinagoga 22. A Coruña, presentación do Filme "Carga de Dignidade", realizado por Xosé Bocixa.


domingo, 15 de diciembre de 2013

Resumo da presentación do Filme "Carga de Dignidade"

O pasado venres, 29 de novembro, previo a que a cidadanía de Ferrol escribise na Praza de Armas, co lume das velas "Dique si" e berrando carga de traballo para o naval, presentamos na Galería Sargadelos, o filme "Carga de Dignidade", realizado polo compañeiro Xosé Bocixa. Este é o resumo da presentación do mesmo. 

Polo de agora non subiremos á rede o filme, pois estamos á espera de de que este sexa presentado en diversas poboacións de Galicia. Actualmente estase a traballar para a presentación deste na Coruña, Betanzos, Compostela, e Vigo