lunes, 10 de junio de 2013

12 de xuño "Carga de Dignidade" para a bisbarra.

Hoxe lúns, 10 de xuño, ás 11:00 h. Invitados por Radio Buguina, os centros de ensino, e os colectivos que realizaron pancartas que anunciaban o evento "Carga de Dignidade" penduraron estas no enreixado de Navantía que quedou "espido", (ao final da Avda. de Esteiro) á parte de cargar de dignidade esta zona do enreixado, pretendemos concienciar a toda a cidadanía da importancia que ten para toda a bisbarra de Ferrolterra, a Folga Xeral, convocada para o día 12 de xuño.

Na mesma estiveron presentes membros do comité de empresa e auxiliares de Navantia, que agradeceron esta mostra de solidariedade por parte do C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro, Instituto Concepción Arenal, CEIP San Xoán de Filgueira, CIP Recimil, Conservatorio de Música Xan Viaño, e Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

Ás poucas horas, membros da Armada procedían a retiralas. Inmediatamente realizamos varias xestións, e adquirimos o compromiso por parte do oficial de garda do Arsenal Militar,de devolvernos mañá estas en perfecto estado, estas serán colocadas de novo, pero esta vez na porta do Estaleiro, lugar onde deu comezo a acción popular "Carga de Dignidade" .


http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/estudiantes-ferrol-piden-carga-dignidade-naval/idEdicion-2013-06-10/idNoticia-811093/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/06/10/arte-instituto-apoyar-naval-ferrol/00031370876050044375289.htm?idioma=galego

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/los-alcaldes-comparten-los-motivos-de-la-huelga/20130611000127049160.html

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/mas-pancartas-para-la-obra-colectiva-carga-de-dignidade/20130611000208049161.html